Equipo Senior

O Esteo non logrou pasar de empate na estrea do remodelado Pavillón de A Fraga

Os de As Pontes foron a remolque case todo o encontro ante un correoso IES Coruxo

Na tarde do pasado sábabo día 25 de Marzo, e case dous anos despois, O Esteo voltaba a disputar un encontro ofical no remodelado Pavillón Polideportivo de A Fraga que remataría cun empate (3-3) ante o equipo vigués do IES Coruxo F.S.

“Tal como se denserolou o encontro, indo a remolque dende case mediado o primeiro periodo e sobre todo cós poucos efectivos cós que contábamos, o punto conseguido pódese dar por bo, pero lóxicamente queríamos mais” declaraba o corpo técnico pontés ao remate do partido.

Como ven sendo habitual o conxunto pontés presentábase a este encontro baixo de efectivos pero soubo prantarlle cara a un conxunto vigués que o dobraba en número de xogadores.

Daba comezo o encontro cós dous conxuntos tentando facerse có control do esférico para tratar imponer o seu ritmo de partido así chegarian as primeiras ocasións para o equipo visitante que nestes primeiros minutos facía os cambios de catro en catro para manter un ritmo alto de partido e tentar desgastar aos ponteses.

Nestes compases de encontro o xogo continuaba a ser moi fluido cós dous equipos buscando o gol que os puxera por diante no marcador. Era o conxunto visitante o que o buscaba con mais insistencia metendo aos xogadores ponteses en dez metros, mentras estes tentaban facer dano á contra, ata que no minuto sete adiantabanse os visitantes cunha xogada por banda sin aparente perigo, na que o balón chegaba a o segundo pao, onde o primeiro remate do pivot vigués facía emplearse a fondo a Xeito pero o rexeite deste volvía a caerlle nos pés ao mesmo xogador que non perdoaba e poñía o (0-1).

A raíz do gol o conxunto pontés facíase có control do partido, subindo as liñas de presión o que facía dubidar aos xogadores visitantes, tendo mais a posesión do balón xerando varias ocasións para igualar o marcador. Mentres que o IES Coruxo xeraba perigo en xogadas a balón parado.

Pero non sería ata a falta un minuto para a finalización deste primeira metade cando Jhony recupera un balón no circulo central e metelle un pase entre liñas a Cokito que recibía de costas á portería e sorprendía a tódolos presentes cun taconazo sen mirar desde o borde para poñer o empate (1-1) có que se chegaría ao descanso.

Á volta dos vestiarios os ponteses aumentaban o ritmo de xogo e tiñan as primeiras ocasións pero non estaban acertados nos metros finais. Os visitantes tamen tiñan problemas para chegar á portería pontesa nestes minutos iniciais.

O encontro entraba nun fase na que ningún dos dous equipos eran quen de facerse có control do mesmo ata que os visitantes facíanse cun balón fruto da presión que exercían á saida de balón dos ponteses para que mediado este segundo periodo tras un centro lateral era rematado a gol polo pivot visitante que anotaba o seu segundo gol da tarde e o (1-2) para o conxunto olívico.

No minuto trinta e catro respondía Troncho tras aproveitar un bo servicio de Jandro para volver a igualada ao marcador (2-2), pero tan só un minuto mais tarde o conxunto pontés quedabase cun home menos debido a expulsión de Jandro que vía un mais que riguroso segundo cartón amarelo. E en inferioridade tras un mal pase de Xeito aproveitaban os branquivermellos para poñer o (2-3).

Pero Jhony pelexou por un balón dividido en media pista e o rexeite caeulle nos pes a un desmarcado Cokito que só diante porteiro non desaproveitaba a ocasión para volver a igualar a contenda (3-3) no minuto trinta e sete.

Os minutos finais foron dun asedio constante dos xogadores ponteses sobre a portería rival en busca do gol que lles derá a vitoria, tendo varias ocasións para facelo, pero o marcador non sufriría mais cambios polo que o (3-3) sería defintivo.

Con este resultado os ponteses continúan sendo duodécimos con 29 puntos, cun colchón de catro puntos sobre os postos de descenso, antes de visitar o Inversia Seguros A Estrada Futsal nun dos encontros adiantados á xornada 26 da presente tempada e que se vai a disputar o vindeiro día 6 de Marzo, Xoves Santo.

O Esteo: Xeito, Eloy, Héctor, Jhony e Jandro; tamen xogaron Cokito e Troncho.

IES Coruxo: Toni, Cristian, Bruno, Dani, Alexis; Tamen xogaron Pablo, Manu, Iago, Quique, Alex e Adan.

Árbitros: Ander Orbegozo Cantón, Marcos Pérez Rodríguez xunto a Vanesa Covelo Vilariño como árbitro asistente (Comité Galego). Amosaron cartón amarelo aos xogadores de O Esteo Jhony, Héctor e expulsaron a Jandro con dobre cartón amarelo. Por parte visitante amosaron o cartón amarelo a Adan e Alex.

Goles: 0-1 Iago min. 7; 1-1 Cokito min. 19; 1-2 Iago min. 30; 2-2 Troncho min. 34; 2-3 Alexis min. 35; 3-3 Cokito min. 37.

O Esteo non logrou pasar de empate na estrea do remodelado Pavillón de A Fraga

​Imaxe do encontro cortesía de Xose Ferreiro