Equipo Senior

O Esteo quere certificar a permanencia ante a súa afección

​Os de As Pontes tentaran facerse cos tres puntos pendentes do que faga o Sala Ourense na súa visita ao Lugo Sala

Maña sábado O Esteo enfrontarase ao equipo burgalés do C.D. Juventud del Círculo F.S. no seu último partido na casa da tempada previsto para as 19.00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal de a Fraga (As Pontes).

Despois de dúas xornadas consecutivas sen coñecer a derrota (un triunfo e un empate), os ponteses tentarán seguir coa boa dinámica de resultados para manterse fóra dos postos de descenso ou mesmo ter a posibilidade de certificar a súa permanencia na categoría en función do o que faiga o seu inmediato perseguidor na clasificación, o Sala Ourense, na súa visita o líder e xa campión C.D. Sala Lugo.

O C.D. Juventud que na pasada tempada tivo dificultades para manter a categoría no Grupo II, ocupa na actualidade unha cómoda sétima posición con corenta puntos, a maioría logrados ante a súa afección. Cos deberes feitos, os burgaleses chegan a este encontro coa intención de conseguir os tres puntos en xogo para quedar o mais arriba posible na claificación. Un equipo formado na súa maioría por un bloque de xogadores con experiencia na categoría, á que incorporaron xogadores novos, converteos nun equipo moi físico, intenso e competitivo a todos os niveis.

Os ponteses queren dar a última alegría da tempada á súa afección e para iso saben que deberán aplicarse ao 200 por cento tanto en defensa, onde non deben deixar pensar aos seus adversarios ademais de estar moi concentrados minimizando os erros tanto como sexa posible, como ataque finalizando todas e cada unha das xogadas que se lles presenten para tentar conseguir os tres puntos.

Aínda que os dous equipos chegan a este encontro separados por sete puntos, espérase un choque moi igualado e disputado entre os dous conxuntos que buscarán a vitoria dende o minuto un.

No encontro da primeira volta disputado en terras burgalesas, os ponteses caeron derrotados por 4 goles a 2 nun partido no que apenas participaron seis xogadores.

Ademais das coñecidas baixas de Ayalita e Paulo por lesión, hai que engadir a de Jandro por sanción, polo que os do As Pontes non descartan a posibilidade de completar a convocatoria con xogadores do xuvenil para afrontar este importante partido.

Antes do comezo do choque farase un recoñecemento aos equipos Benxamín, Alevín e Infantil polas ligas gañadas nesta tempada.

CATEGORIAS BASE

Maña sábado ás cinco menos cuarto da tarde tamen no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga o equipo Alevín da Liga Galega buscará o pase á final do Campionato Galego ante o conxunto vigués Ganomagoga IES Coruxo F.S. “A”.

Dende o club fan un chamamento á afección para que acuda ao pavillón pontés para animar e presenciar o que será, sen dúbida, unha emocionante e intensa tarde de Futbol Sala sabendo que a entrada será de balde para os dous encontros.

O Esteo quere certificar a permanencia ante a súa afección

​Imaxe do último encontro xogado no pavillón pontés ante o Ribeira | Arquivo O Esteo F.S.