Equipo Senior

O Esteo quere continuar coa boa dinámica na súa visita ao C.D. Universidade de Valladolid

​Os de As Pontes visitarán a un rival directo pola permanencia

Mañá sábado os de As Pontes desprazaranse ata Valladolid para disputar o importante encontro, correspondente á vixésima cuarta xornada da tempada, ante o C.D. Universidade de Valladolid ás catro e media da tarde no Pavillón Municipal Lalo García.

Os de As Pontes, que afrontan o seu segundo encontro consecutivo xogando fóra da casa, enfrontaranse nesta ocasión a un rival directo na loita por evitar o descenso. Un equipo, o universitario, que chega a este encontro situado na penúltima posición da clasificación con 19 puntos, seis menos que os do As Pontes que son duodécimos con 25 fora das posición de descenso, pero empatados a puntos co Sala Ourense xa en descenso. Por iso, este encontro volve a ser vital para os intereses dos ponteses, xa en que unha vitoria suporía non depender doutros resultados para seguir mantendose fóra dos postos de descenso Terceira División unha xornada mais.

Os vallisoletanos tamen quereran seguir sumando tras conseguir unha vitoria ante o Vilalba e un empate na casa do equipo segoviano do Segosala, nas dúas últimas xornadas, polo que buscaran continuar coa boa dinámica de resultados para tentar achegarse un pouco máis á salvación. Mentres que os ponteses tamén tentarán conseguir os tres puntos para manterse fóra dos postos de descenso, polo que se espera un partido moi disputado e igualado de principio a fin onde o equipo que saiba controlar os nervios nos momentos puntuais do encontro probablemente sexa o que leve o gato á auga.

Os universitarios, que xa sorprenderon aos ponteses ao facerse co triunfo no partido da primeira volta disputado no Pavillón do CEIP Monte Caxado cun resultado propio doutro deporte, 8-13, están formados por unha mestura de xogadores experimentados na categoría e xogadores xovenes moi intensos e rápidos tanto a nivel defensivo como ofensivo que non renuncian a dar un balón por perdido durante todo o encontro. Isto obrigará aos ponteses a non perder a concentración en ningún momento se non queren verse sorprendidos por un equipo que, coma eles, pelexará pola vitoria dende o minuto un.

Os xogadores do Esteo saben que non deberan fiarse do rival, que necesita os tres puntos tanto coma que eles, polo que terán que facer un partido moi serio e intenso tanto en ataque como en defensa onde seguen tendo serios problemas, polo que terán que tratar de minimizar ao máximo os erros, sobre todo os dos primeiros minutos de encontro que os lastran durante o desenrolo do mesmo, estando concentrados dende o inicio do choque.

Para a disputa deste encontro, os de As Pontes non poderán contar con Paulo nin con Ayalita lesionados, este último de longa duración.


CATEGORÍAS BASE

Esta fin semana as categorías de base do club que disputan a 1ª Autonómica non terán competición, agás o equipo Alevin da Liga Galega que recibe maña sábado ás cinco da tarde no Pavillón Municipal de As Somozas ao Stellae F.S.-Alucohogar Aluminios de Padrón.

O Esteo quere continuar coa boa dinámica na súa visita ao C.D. Universidade de Valladolid

Imaxe do encontro da primera volta disputado entre os dous conxuntos | Arquivo O Esteo F.S.