Equipo Senior

O Esteo quere volver á boa dinámica ante o Sala Ourense 2014

Os de As Pontes buscaran a vitoria diante da súa afición

Mañá sábado, ás cinco da tarde, os de As Pontes recibirán no Pavillón do CEIP Monte Caxado a visita do sempre compricado Sala Ourense nun encontro correspondente á décimo oitava xornada desta tempada na Segunda División B.

Os de As Pontes queren esquecer canto antes a derrota sufrida a pasada xornada ante o C.D. Unión Arroyo e volver á senda da vitoria ante un conxunto, o ourensán, que chega a este encontro tras lograr unha contundente vitoria por 8 goles a 2 ante o Segosala Segobus e que lle serviu aos ourensáns para rematar cunha racha de once derrotas consecutivas e permitiu que abandonasen a derradeira praza da clasificación en detrimento do seu rival da pasada xornada, aínda que ambos están empatados a doce puntos.

Ambos equipos que chegan a este choque coa intención de conseguir os tres puntos, que no caso do conxunto pontés servirían para afastarse un pouco máis da zona de descenso e no caso do Sala Ourense para seguir soñando coa permanencia, tendo en conta que no resto de encontros da xornada hai enfrontamentos directos entre equipos da zona baixa da clasificación.

O conxunto ourensán reforzouse con xogadores con experiencia en categorías superiores para afrontar esta segunda volta da competición e intentar saír da zona baixa da clasificación, conseguiron reter gran parte do plantel de xogadores de tempadas anteriores, na súa maioría moita experiencia na categoría que mesturados cos xovenes fan deles un equipo moi competitivo que non perde a cara ao encontro ata que este remata.

Os ourensanos levan moitos xogando xuntos, polo que se coñécen á perfección, basean o seu xogo nun movemento rápido de balón, sobre todo en ataque, destacando tamén as súas individualidades no un contra un, sobre todo pola banda, e son moi intensos defensivamente.

Os xogadores do Esteo, que non deben fiarse da posición que ocupa o rival, saben que terán que saltar á pista do pavillón pontés moi concentrados dende o minuto un de partido, cunha gran intensidade en defensa, marcando de preto aos seus adversarios para evitar que pensen e rematar todas as xogadas de ataque das que dispoñan ante un equipo que sabe aproveitar moi ben as debilidades do equipo contrario.

No encontro da primeira volta disputado en terras ourensáns, os ponteses lograron unha contundente vitoria por 3 goles a 8, onde dominaron ao seu rival durante corenta minutos.

Os de As Pontes teñen a todos os seus xogadores dispoñibles para disputar este importante partido.

Dende o club fan un chamamento á afección para que acuda ao pavillón pontés a presenciar e animar ao equipo.

CATEGORÍAS BASE

Neste fin de semana tódolos equipos de base do clube disputaran os seus respectivos encontros como locais comezando o sábado có conxunto Alevín de Liga Galega e quedando para a tarde do domingo o resto de equipos que participan na 1ª Autonómica.

O Esteo quere volver á boa dinámica ante o Sala Ourense 2014

Imaxe de archivo | O Esteo F.S.