Categorías Base

Xornadas de captación de xogadores/as para a nosa Escola de Base

Queres xogar ao Futbol Sala a vindeira tempada e non sabes onde?

En O Esteo estamos empezando a preparar a tempada 2024/2025 e no que se refire á nosa Escola de Base realizaremos unhas xornadas de captación tanto para MASCULINO como FEMININO para que tódal@s nen@s que así o desexen podan formar parte da nosa gran familia.

Comezamos ditas xornadas cun adestramento libre o Martes día 18 de Xuño a partir das 17:00 h. para as Categorías Biberon, Prebenxamín, Benxamín e Alevín. Senon podes asistir ese día, non te preocupes, repetiremos o Martes seguinte día 25 para ditas categorías no mesmo horario e orde según se indica no cartaz que acompaña esta noticia.

O Xoves día 20 de Xuño será a quenda para as categorías Infantil, Cadete, Xuvenil Senior tamen a partir das 17:00 h. e na orde establecida no cartaz.

Os horarios para distintas categorías Masculinas e Femininas, son as seguintes:

MARTES DÍAS 18 e 25 de XUÑO

- 17:00 a 17:45 h. Biberón: anos de nacemento 2019,2020 e 2021.

- 17:45 a 18:30 h. Prebenxamín: anos de nacemento 2017 e 2018.

- 18:30 a 19:30 h. Benxamín: anos de nacemento 2015 e 2016.

- 19:30 a 20:30 h. Alevín: anos de nacemento 2013 e 2014.

XOVES DÍA 20 de XUÑO

- 17:00 a 18:30 h. Infantil: anos de nacemento 2011 e 2012.

- 18:30 a 20:00 h. Cadete: anos de nacemento 2009 e 2010.

- 20:00 a 22:00 h. Xuvenil Senior: anos de nacemento 2006, 2007 e 2008.

Achegate ao Pavillón Municipal pontés, nos días e horas correspondentes, a probar gratuitamente e adestrar cos que poderían ser os teus compañeir@s e adestradores a vindeira tempada e logo decides se te queres inscribir.

Mais información nos teléfonos 699 219 277 (Fran), 687 831 106 (Juan).

RUBEN RIVAS INCORPORASE A O ESTEO COMO NOVO ADESTRADOR DA BASE

Aproveitamos a nova anterior para anunciar a incorporación de Ruben Rivas como adestrador da Base de cara a vindeira tempada 2024/2025.

Con ampla experiencia en equipos de base do CD As Pontes, Rivas, como se coñece no mundo do futbol, chega a O Esteo para poñer todo o seu saber a disposición do clube e d@s nos@s nen@s.

Dende O Esteo damoslle a benvida a Rivas e desexamoslle o maior dos éxitos nesta nova tempada. Fai “click”, onde se indica, para ver o cartaz da súa presentación.

Xornadas de captación de xogadores/as para a nosa Escola de Base

​Cartaz cortesía de Manusahe