Os ponteses tentaran dar a sorpresa diante dos seus siareiros
O Esteo recibe no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, maña sabádo ás 16:15 h., a visita do conxunto lucense da ADC Lugo Sala, colider do Grupo 1 da Segunda División B; e un dos mais firmes candidatos para acadar o título de Liga.
Os ponteses afrontan un dificil compriso co fin de cortar a xeira de resultados, xa que arrastran cinco xornadas sen puntuar. O conxunto lucense, que aspira a revalidar o título de liga colleitado a pasada tempada, será un duro rival de cara loita polos tres puntos en xogo.
Os de Nino García, non descartan dar a sorpresa e conseguir algo positivo, o que suporía unha gran inxección de moral para afrontarvindeiros compromisos. Conscientes de que teran que dar o máximo de si mesmos, durante os corenta minutos do encontro, e aumentando sobre todo o seu nivel defensivo, diante dun equipo moi competitivo.
Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao municipal pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo neste importante encontro.
Tódalas persoas que queiran facerse socias do clube, poderan facelo na mesma entrada do pavillón, antes do comezo do encontro.
CATEGORÍAS BASE
DOMINGO DÍA 19, CON 7 ENCONTROS PARA A ESCOLA DE BASE O ESTEO F.S.
O domingo 19, a nosa base ao completo, disputará os seus respectivos encontros no Pavillón Monte Caxado en As Pontes. Un total de sete encontros onde destacan tres derbis locais, dous da categoría benxamín e o da categoría infantil. Os horarios son os seguintes:
● 5º XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA
Ás 10:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “B” – NOVALUX LAGO DVSPORT “B”
Ás 10:55 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “A” – 11TEAMSPORT LAGO DVSPORT “A”
Ás 11:50 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – O PARRULO FERROL “E
Ás 12:45 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – LOS 3 MONOS LAGO DVSPORT “A”
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – HOTEL CHIPS C.D. A SOLAINA
● 10ª XORNADA - LIGA GALEGA DE FUTBOL SALA
ÁS 17:30 h. O ESTEO F.S. ALEVIN “A” – ALTO DO VENTO F.S - EIMA CAFÉ & COPAS
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – ALTO DO VENTO F.S. - FINK ORFEBRES
Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao pavillón pontés a apoiar ao seus equipos nos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

Cokito no encontro ante o Caja Rural Atlético Benavente | Imaxe de Arquivo O Esteo F.S.