Equipo Senior

O Esteo recibe maña sábado a visita do sempre combativo Deporcyl Guardo F.S.

​Os de As Pontes tentaran facerse con tres puntos importantes

Maña Sábado, ás cinco e media da tarde, os de As Pontes, reciben no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes), ao Deporcyl Guardo F.S no encontro correspondente á vixésimo primeira xornada de liga na Segunda División B.

Os ponteses, queren revertir a situación pola que están a atravesar, tentando de conseguir un resultado positivo diante d@s seus siarer@s que lles permita afrontar os vindeiros compromisos ligueiros con outra mentalidade. A tarefa non será doada para o conxunto local, xa que se medirán a un equipo, moi intenso e competitivo, ainda que está a ser mais irregular, en canto a resultados, que en tempadas anteriores.

Ambos conxuntos pelexarán por facerse con tres puntos importantes para os seus respectivos obxetivos, os palentinos para acercarse aos postos de playoff de ascenso e os ponteses para recortar distancias coa zona de salvación, polo que se espera un encontro moi competido e igualado de principio fin.

CATEGORÍAS BASE

DOMIGO REPLETO DE PARTIDOS PARA A ESCOLA DE BASE O ESTEO F.S.

Ao igual que o equipo senior, os equipos de base disputan os seus respectivos encontros, como locais, no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes na xornada do domingo 25 de Febreiro, distribuidos da seguinte maneira:

* 5ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 10:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “A” – A.D.C.R. SANTA MARIÑA

- Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – CIDADE DE NARÓN

- Ás 12:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – PELUQUERÍA VERO´S O PARRULO “C”

* 4ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 16:15 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B” – NARÓN FUTSAL

* 20ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

- Ás 17:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – OS MEIGALLOS F.S.

O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – DESCANSA

Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón Pontés a apoiar ao seus equipos nos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

O Esteo recibe maña sábado a visita do sempre combativo Deporcyl Guardo F.S.

Imaxe do encontro ante o Stellae F.S. Valga | Arquivo O Esteo F.S.