Equipo Senior

O Esteo volveuse de valeiro da súa visita á Estrada

​Demasiado castigo para ponteses que o intentaron todo ata o final para conseguir algo positivo

O encontro comezaba cós locais querendo chegar con perigo á portería defendida por Xeito, empezando con disparos lonxanos que logo se transformarían en xogadas mais elaboradas tendo así as primeiras ocasións, pero os estradenses encontrabanse cós ponteses ben posicionados en defensa e tentado crear perigo á contra nós primeiros minutos de encontro.

Os de As Pontes comezaron a subir pouco a pouco ás liñas de presión provocando os erros nos pases dos locais que viron como os ponteses se achegaban perigosamente á súa potería con disparos lonxanos de Cokito, Troncho e Jandro pero o porteiro local semellaba un muro infranqueable.

Os ponteses terían dúas boas oportunidades á contra para inaugurar o marcador que desperdiciaron nos metros finais, pero no minuto nove nunha xogada a balón parado dende a esquina o balón recibíao o pivot ao borde da área de costas á portería, desfixose do seu defensor xirando sobre si mesmo e de forte disparo batía a Xeito adiantando no marcador aos locais (1-0).

Pese a este gol o encontro continuaba moi aberto con oportunidades en ambas porterías, pero cando o conxunto de As Pontes estaba a crear mais perigo chegaría o (2-0), no minuto dezaseis, nunha xogada onde intervirían tódolos xogadores incluido o porteiro que xa se sumara un par de veces antes ao ataque estradense.

Na recta final deste primeiro periodo continuaban os dous equipos a ter oportunidades en ámbalas dúas áreas de ampliar o marcador, no caso dos locais, ou de recurtar diferenzas no mesmo no caso dos ponteses, pero non as acababan de materializar polo que ambos conxuntos retirabanse ao vestiarios có (2-0) no marcador.

O segundo periodo daría comezo co equipo local decidido a sentenciar o encontro e no minuto dous, tras unha rápida contra, lograría ampliar a ventaxa no marcador (3-0). Dous minutos mais tarde, no catro, un erro na saída do balón de dous xogadores ponteses era aproveitado polos estradenses para poñer o (4-0) no electrónico.

O Esteo non se ía rendir tan sinxelamente e a falta de quince minutos para a finalización do encontro, dende o banco pontés decidían utilizar o arriscado xogo 5x4 con Jhony como porteiro xogador có conseguían ter mais posesión do esférico e obrigando ao conxunto estradense a defender en dez metros.

Unha das mellores ocasións que tivo O Esteo para inaugurar o seu propio marcador sería co xogo de 5x4, cando unha rápida transición por banda era rematada por Jhony no segundo pao ás mans dun porteiro local que estaba a realizar un bo encontro ata o momento.

A ocasión de Jhony foi o preludio do primeiro gol pontés xa que prácticamente na seguinte xogada a presión de Jandro exercida sobre un defensor local propiciaba un pase frouxo ao seu porteiro e este tentou despexar o balón, ante a presencia do xogador pontés, deixandollo nos pés a este para poñer o (4-1) no minuto vinteoito.

Insistía o equipo pontes co xogo de cinco en ataque e dous minutos mais tarde o balón chegaba a Jandro ao borde da área e de forte disparo coloballe o balón por entre ás pernas ao porteiro local para subir o (4-2) ao marcador.

Os ponteses terían opción de apretar ainda mais o resultado se Héctor atinara rematar no segundo pao un pase de Cokito. Pero do posible gol do conxunto pontés pasouse ao (5-2) tras unha xogada sen aparente perigo o balón chegaba a liña de fondo onde a recibía un xogador local, que o conducía ata atopar oco para introducilo na portería no minuto trinta e tres.

De aquí ata o final do encontro o equipo pontés continuaría utilizando o xogo de cinco intentando chegar á portería rival e consiguiriao un par de veces atopandose en ambas co porteiro, ata que no minuto trinta e sete un xogador local facía a porta vacía o que ía ser o definitivo (6-2) a pesar de quedar tres minutos para o final.

Con este resultado os ponteses seguen sendo duodécimos na clasificación da Segunda División B mantendose a catro puntos dos postos de decenso antes de recibir no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga a outro rival directo na loita pola permanencia como é o conxunto lucense Ribeira de Piquin nun encontro correspondente á vixésimo sétima xornada de liga.

FICHA TÉCNICA

Inversia Seguros A Estrada Futsal: Rober, Antón, Jorge Bello, Pepe e Moro; tamen xogaron Isma Brea, Carlos, Iago e Juan Cainzos.

O Esteo F.S.: Xeito, Héctor, Johny, Troncho e Jandro; tamen xogaron Cokito, Eloy e Sergio Cabarcos.

Árbitros: Pablo Enrique Guntín Garrido, Borja Pérez Muñiz xunto a Germán Fernández Dacosta como árbitro asistente (comité gallego). Amosaron cartón amarelo soamente ao xogador de O Esteo Jhony.

Goles: 1-0 Moro min. 9; 2-0 Antón min. 16; 3-0 Jorge Bello min. 22; 4-0 Antón min. 24; 4-1 Jandro min. 28; 4-2 Jandro min. 30; 5-2 Jorge Bello min. 33; 6-2 Moro min. 37.

O Esteo volveuse de valeiro da súa visita á Estrada

​Imaxe do encontro da pasada xornada | Arquivo O Esteo F.S.